HORARIO 3º TRIMESTRE

HORARIO 3º TRIMESTRE

jueves, 14 de mayo de 2020

CIENCIAS SOCIAIS e LINGUA GALEGA-XOVES

Para hoxe temos dúas propostas e algún xogo.
  1. Snappet: dúas leccións da unidade 3: repaso e despois un pequeño exame.
  2. Pequena redacción: hoxe imos falar da importancia das vacinas e do calendario de vacinación nas diferentes Comunidades Autónomas. Terás que facer unha pequena redacción sobre as túas vivencias de cando fuches poñer a derradeira vacina. 
  3. Remataremos a sesión desta xornada cunha sopa de letras, xogos interactivos para reforzar o aprendido e recortables para persoalizar sobre esta temática.
    Analizamos o calendario de vacinas de diferentes Comunidades Autónomas. Enlace para analizar os datos:CALENDARIO VACINACIÓN INFANTIL 2020

1-Que é unha vacina? Paréceche importante estar vacinado/a?
2-Que vacinas hai que non son comúns a todas estas Comunidades Autónomas?
3-Observa a tua cartilla de vacinas: cantas vacinas tes postas en relación con este calendario?
4-No suposto de que non teñas algunha vacina posta, a que pode ser debido?
5- Tes que poñer alguna vacina aos 10 anos?
6-Neste mapa político de España investiga e colorea catro Comunidades Autónomas que teñen o mesmo calendario de vacinas, ou ben anota o seu nome nun cadro.
Unha vez rematado este exercicio súbeo a túa carpeta persoal de Drive
Mapa político - Web del maestro

7-Redacción: Relata a túa experiencia en relación coa última vacina que che puxeron, cando foi, onde foi, como te sentiches, doéuche, tiveches efectos secundarios, como foi a relación coa enfermeira que te atendeu…? (mínimo 5 liñas) 
 Unha vez rematado este traballo
      5ºA sube a túa carpeta de Drive 
      5ºB: enviar a eprsanroque@gmail.com. 

7-Busca na sopa de letras 8 enfermidades das que tes vacina
XOGO DAS VACINAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario