HORARIO 3º TRIMESTRE

HORARIO 3º TRIMESTRE

martes, 16 de junio de 2020

DO UNIVERSO Ó ARTE

Hoxe imos adicar a sesión a que disfrutedes dun cadro de pintura. O pintor Van Gogh tiña un gran  amor e paixón  por observar o ceo  nocturno.
Partindo desta obra de  arte, tedes que recrear unha historia (texto descritivo-narrativo) na cal tedes que ser vos os protagonistas e  deberá estar relacionada coa imaxe que ves. Sería como ir a un museo e cando ves o cadro contar que che transmite, quedarías un rato mirando para él, levaríate a algunha situación persoal que xa viviches, volverías a velo, quedas cavilando nel cando remataches a visita...

11 cosas que no conocías de La noche estrellada de Van Gogh 1

"LA NOCHE ESTRELLADA" VINCENT VAN GOGH

A historia terá como mínimo dez liñas e deberá ser en galego.Aproveitade para incluír na redacción  coñecementos que estivemos a traballar ao longo destes días sobre o universo.
Dita redacción farase en Documentos de Google a ordenador e deberá incluír o seguinte:
-un borrador que inclúa as diferentes partes do texto mediante : un esquema, quión, ou mapa conceptual.(podedes facelo a man e subir unha foto)
-unha oración interrogativa.
-unha exclamativa.
-dúas palabras esdrúxulas, dúas graves e dúas agudas.
-dúas palabras con acento diacrítico.
-unha palabra derivada por prefixación, e outra por sufixación.
-unha palabra composta.
-unha palabra polisémica.
-unha metáfora.
-unha comparación

Cada unha das palabras que vos pedimos despois de escribilas a ordenador pásalles unha cor por riba.Finalmente escribe ó pé da folla o grupo de palabras que que suliñaches no teu escrito. Unha vez rematado todo  súbeo a túa carpeta de Drive.

Ao rematar, se sentes curiosidade por esta pintura podes visualizar este vídeo que analiza e investiga aportando datos e curiosidades sobre o cadro.




__________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

SNAPPET: LINGUA GALEGA: UNIDADE 6
                 
                    UNIDADE 5: OS DETERMINANTES NUMERAIS
                    UNIDADE 6: OS DETERMINANTES INDEFENIDOS












4 comentarios:

  1. Que quieres decir con "Finalmente escribe ó pé da folla o grupo de palabras que contén o teu escrito"

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. dice que en el ultimo espacio de la hoja al final pongamos la lista de palabras que nos mandaron poner.

      Eliminar
  2. Coin Casino Canada | Bonus | Free Spins - Casinoworld
    ⭐ Bitcoin Casino ⚡ Play with a Curacao Casino ⭐ Bitcoin casino & get 100% Bonus up to C$1000 ✚ Bitcoin 메리트카지노총판 Mobile & PC Games ⏩ 제왕 카지노 Get 인카지노 instant withdrawal

    ResponderEliminar