HORARIO 3º TRIMESTRE

HORARIO 3º TRIMESTRE

viernes, 15 de mayo de 2020

ÁS PORTAS DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Xa estamos ás portas do día das Letras Galegas que este ano se adica, como xa sabedes, a Ricardo Carballo Calero o domingo día 17, por iso traémosvos:

-un vídeo sobre unha das súas obras : AS PITAS BAIXO A CHUVIA
-un conto dos BOLECHAS sobre a súa obra SCÓRPIO
-un xogo a posteriori sobre a súa biografía


CONTO: "AS PITAS BAIXO A CHOIVA"

As pitas baixo a choiva é un relato breve que narra un feito anecdótico da infancia do autor. Descobre o neno desde a fiestra da casa que as pitas estanse a mollar e el téntaas facer entrar ó galiñeiro; elas asústanse e, ao final, todos os membros da familia acaban mollados como pitos. 




Os nenos e nenas galegos coñecerán, da man dos seus amigos Os Bolechas, o persoeiro a quen se lle dedica este 2020 o Día das Letras Galegas e achegaranse a unha das súas obras narrativas fundamentais: Scórpio.



XOGO INTERACTIVO SOBRE A BIOGRAFÍA DE RICARDO CARBALLO CALERO






Remataremos a xornada vendo un vídeo sobre algo que estamos agora a traballar e moi relacionado co COVID-19. Atendede a este vídeo que non ten desperdicio. 

Boa fin de semana e non vos esquezades de ler moito en galego. Unha aperta en galego!!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario