Bos días a todos e todas como sabedes a partir de agora empezaremos a empregar o Snappet para traballar un pouco o galego.
Cada martes e xoves deberedes de entrar no Snappet e facer as lapelas que vos imos abrir, son moi sinxelas así que, ÁNIMO!!
Este martes toca:
1.Rematar o libro "ESCOLA DE PIRATAS" capítulo 11. Tedes que facer de novo a ficha que tiñamos como modelo do resto de capítulos.
Lembrade que á volta ao colexio, todas estas fichas do libro feitas durante o confinamento tedes que entregalas.
Esforzádevos e que vaian ben escritas,que a ilustración reflicta o voso escrito. Importante que vaian as fichas claras, letra ben feita, sen tachóns, repasade a ortografía e os signos de puntuación.
2. Facer en SNAPPET: Unidade 2 - lección 5 : Gamática "Oracións"
Lembrade que o xoves elimínase esta lección e ábrese outra, así que facédea antes de que se retire.
No hay comentarios:
Publicar un comentario